MILES DE PERSOAS PARTICIPAN NA FESTA DESPEDIDA DO VERÁN
- Os negocios asociados á patronal Boirense ofreceron centos de produtos a prezos de liquidación durante toda a fin de semana
- Repartiron gratuitamente aos seus clientes 2.000 bolsas de algodón
- Os rexistros de tíckets na aplicación da ABE multiplicaron por 3 os do mesmo período da semana anterior.
- Xa se coñecen as persoas gañadoras dos premios de 1 carro da compra e 50€ en bonos ABE.
- As atraccións infantís situadas na praza de Galicia estiveron ateigadas de cativada
- O fin de festa co concerto tributo a maná congregou a miles de persoas.
Boiro 28 de agosto de 2023
Un “exito total” a Festa final de verán celebrada na fin de semana en Boiro que compaxinou a liquidación dos stocks dos comercios cun amplo cartel de actividades de todo tipo.
Miles de clientes e visitantes acudiron a esta nova cita que sen dubida veu para quedarse e que comezou coa iniciativa Stocks Fora na que os negocios asociados á ABE ofreceron miles de produtos a prezos de liquidación durante toda a fin de semana ademais as compras ían acompañadas do agasallo dunha bolsa de algodón (repartíronse 2000) e de sorteos de premios.
A sinal de que o nivel de vendas foi moi alto veu polo dato de rexistro de tíckets de compra na aplicación da web da ABE xa que en so 48 horas (venres 25 e sábado 26) rexistráronse nada mais e nada menos que 541 compras que comparadas, por exemplo, coas mesmas 48 horas da fin de semana anterior a do 18 e 19 de agosto na que foron 185 supuxeron un aumento do 292%, é dicir, multiplicáronse por 3.
Respecto dos premios o sorteo realizouse está mañá na sede da patronal e as persoas gañadoras dos carros da compra e de 50€ foron para:
PERSOA PREMIADA
|
NEGOCIO ONDE REALIZOU A COMPRA
|
ANA VAZQUEZ DIESTE
|
NUMERO 13
|
MARÍA DIESTE PLACES
|
TIENDAS PILLADOS
|
PATRICIA
|
LOLITA MODA
|
CRISTINA RODRIGUEZ CESPON
|
MERCERÍA LOREMA
|
LAURA SILVA LÓPEZ
|
ELECTRODOMÉSTICOS OTERO
|
As persoas gañadoras poderán utilizar os seus bonos ABE para gastar en calquera das 201 empresas asociadas e non teñen caducidade.
En relación as actividades paralelas cabe destacar a multitude de nenas e nenos que acudiron a divertirse nos inchables, toro mecánico e festa da espuma que tiveron lugar durante o venres e sábado e tamén tiveron moito seguimento ás animacións que programou o Concello de Boiro polas rúas da localidade.
O fin de festa que se celebrou o parque da cachada non foi menos e durante todo o día as actuacións musicais e degustacións contaron con multitude de visitantes pero sen dúbida o momento alxido foi o concerto da grupo +dMANÁ que liderados polo carismático cantante italiano Luca Lavelli fixeron as delicias do público.
A valoración do presidente da ABE foi “altamente positiva xa que con esta iniciativa conseguimos atraer a Boiro a numeroso público que consumiu na localidade tanto nos comercios coma nos locais de hostalería que era o obxectivo da campaña” e amosou a intención da entidade de “seguir potenciando esta cita para que se estableza definitivamente no programa de actividades da Asociación e do concello”